A cultura e a paisaxe centran os estudos de posgrao e mestrado das Universidades Galegas

Cultura de formación

As vacacións son tamén unha época propicia para determinar que estudios cursar, preparar os exames de setembro ou buscar cursos que complementen a formación académica. Por iso, as universidades e centros de estudios galegos abren neste período os prazos para preinscribirse nos seus cursos de posgrado e mestrados. Entre a oferta creada para esta edición, xa adaptada á normativa do Espazo Europeo Superior destaca o posgrao en Servizos Culturais que ofrece a Universidade de Santiago (Campus de Lugo) co obxectivo de formar os mediadores entre a creación, a participación e o consumo cultural. Por outra banda, as Universidades da Coruña e Santiago coa Fundación Juana de Vega ofrecen un programa de mestrado en “arquitectura da paisaxe”. Unha formación única no Estado que pretende por en valor a construción co medio.

Consulta a listaxe de posgrados no web da Universidade de Santiago, na Universidade de Coruña e na Fundación Juana de Vega