A Fundación Juana de Vega premia os mellores proxectos construidos no 2006

Todo pola arquitectura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Fundación Juana de Vega acaba de dar a coñecer os gañadores do seu premio de arquitectura, que este ano foi para Jesús Irisarri e Guadalupe Piñeira por unha casa construída en Picoto (Pontevedra). Canda estes premios, a Universidade da Coruña concederá a ao arquitecto César Portela a súa Medalla de Ouro polo seu complexo "Ás de Gaivota", que alberga os edificios do Porto Centro de Lecer e o Pazo de Exposicións, na Coruña. Por último, o Consello da Cultura Galega organiza o vindeiro martes (Círculo das Artes) unha nova edición das xornadas de arquitectura. Esta vez é a quenda de Lugo.

Máis información sobre os premios Juana de Vega no web da Fundación, sobre a Medalla de Ouro en El Ideal Gallego e, por último, no web do Consello da Cultura as xornadas "A arquitectura desde Lugo"

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Juana de Vega, Fundación Juana de Vega, Ouro...