O xurado do Premio Blanco Amor de Novela ten seis finalistas e o do Narrativas Quentes declara o certame deserto

Narrativas frías

O xurado lector da III Edición do premio Narrativas Quentes de relato erótico promovido por Edición Positivas decidiu non concederlle o premio a ningunha das 14 obras presentadas, e polo tanto declaralo deserto. Este certame ten unha periodicidade bianual e como premio ten a publicación da obra. Na anterior convocatoria gañárao Alberte Momán co libro “O lobo da xente”. Un certame que presenta outra cara diferente é o Eduardo Blanco Amor de Novela; o xurado desta vixésimo cuarta edición organizada polo Concello de Neda xa fixo públicos os lemas baixo os que concorren os que son os seis finalistas. Na súa declaración os membros do xurado apuntaron a posibilidade de, ademais de dar un gañador, facer unha recomendación de publicación á editorial Galaxia sobre algunha das outras finalistas. O premio, que se fallará a finais de maio, ten unha dotación económica de 12.000 euros. O xurado está formado por Vicente Araguas, Amando requeixo, Ramón Nicolás, Laura Caveiro e Medos Romero.

Máis información sobre o Premio Blanco Amor en Galicia Hoxe