A Xunta negocia para trasladar as piscifactorías que están proxectadas dentro da Rede Natura

Tirar os peixes da Natura

20/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
12 lecturas | Compartido 0 veces
O Plan Sectorial da Acuicultura, aprobado polo anterior goberno da Xunta, prevía a ampliación ou a construción de oito piscifactorías en terreos incluídos na Rede Natura. Agora, a Consellaría de Pesca está a negociar coas empresas promotoras para buscar novas localizacións a estes proxectos, segundo informa hoxe "El Correo Gallego". A pesar de que o sector insiste en que estas instalacións non teñen efectos negativos sobre o medio, desde diferentes colectivos ecoloxistas denúnciase o forte impacto ambiental que causan.

Máis información en El Correo Gallego e no noso tema sobre esta problemática

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Conceptos