A Xunta comprométese a apoiar a reserva mariña de Lira e Galicia recbirá 76 millóns d eeuros para a Rede Natura

Lira resérvase

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A catástrofe do Prestige fixo que os veciños buscasen proxectos alternativos para gañar a vida. De aí xurdiu o proxecto “Mar de Lira” que buscaba converter o xeito tradicional de traballo nun atractivo turístico. A partir desta idea naceu unha rede internacional de comunidades pesqueiras artesás e impulsaron a creación dunha zona protexida nesta ría. Pois ben, esta fin de semana o presidente Touriño e a Conselleira de Pesca achegáronse a Lira para coñecer de primeira man o proxecto. Alí eloxiaron a súa capacidade, comprometeron a súa axuda e anunciaron a creación dunha Reserva mariña de interese pesqueiro que terá unha superficide de produción de 1.100 hectareas. Un proxecto que o goberno pretende trasladar a outros lugares de Galicia. Por outra banda, segundo publica La Voz de Galicia, Galicia recibirá un mínimo de 76 millóns de euros para a Rede Natura.

Máis información sobre o proxecto “Mar de Lira” en La Voz de Galicia, Galicia Hoxe, El Correo Gallego e nos nosos arquivos; sobre o financiamento da Rede Natura en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, La Voz de Galicia, Prestige, Galicia Hoxe...