A Xunta anuncia unha fundación de conservación da natureza e quere facer do pazo de Lourizán un centro de referencia ambiental

Natureza en centro e en fundación

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Unha fundación para a conservación da natureza promovida deste a Xunta xestionará a futura Axencia Galega de Preservación da Biodiversidade e un Banco Xeral da biodiversidade. O director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza, anunciaba onte estas medidas, canda a posta en marcha dun Catálogo de Especies Ameazadas e novas medidas contra especies invasoras. Ao tempo, onte púñase en marcha o Centro de Investigación e Información Ambiental do Pazo de Lourizán. Estas instalacións, que dependen de Medio Ambiente, acollerán ao longo do ano máis de 300 actividades de formación e de divulgación dentro do programa anunciado por este departamento para facer do pazo o centro de referencia ambiental do país.

Máis información en El Correo Gallego, no web da Xunta e en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Xosé Benito Reza, Galicia Hoxe, El Correo Gallego

Claves

Protagonistas
Conceptos