Teresa Moure leva o Premio Irmandade do Libro, mentres Gómez Alfaro recunca no Cidade de Ourense de Poesía

Irmandades e cidades

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A Federación de Libreiros de Galicia elixiu a novela "Herba moura", de Teresa Moure como mellor libro galego publicado en 2005. A autora é a primeira muller galardoada nos quince anos de historia dos premios Irmandade do Libro, que se entregarán o vindeiro 25 de abril en Viveiro. Pola súa banda, xosé Carlos Gómez Alfaro repetía esta fin de semana coma gañador do premio Cidade de Ourense de Poesía. O título "Mar aberto" permitíalle facerse co primeiro premio na vixésimo segunda edición do certame. A primeira vez que levou o premio foi hai dous anos.

Máis información en La Voz de Galiciasobre o Irmandade do Libro; sobre sobre o Cidade de Ourense

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Teresa Moure, Teresa Moure, Poesía...