Teresa Moure e Ramón Carredano gañan os premios Xerais e Merlin respectivamente

Os reis da illa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Co premio Xerais de Novela nas súas mans Teresa Moure convértese en autora multipremiada das nosas letras. No seu haber xa tiña anteriormente o premio Ramón Piñeiro de ensaio e o Lueiro Rey de Novela curta. A premiada “Herba moura” é unha historia ambientada no século XVII pero observada por unha personaxe actual. O gañador do premio Merlín, Ramón Carredano, tamén ten dous premios anteriores do certame Aviles de Taramancos de relatos de aventuras. A historia “Unha branca de cobre para Martiño” ten tamén un fondo histórico coa viaxe ao pasado do seu protagonista. Na noite de galardóns na Illa de San Simón tamén resultaron recoñecidos co Premio á Cooperación no Labor Editorial o Clube de lectores Biblos e o Círculo de Lectores.

Máis información en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo
Consulta en Lg3 a ficha de Teresa Moure

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teresa Moure, Teresa Moure, Reis, Ramón Piñeiro...