A TVG cede finalmente as dobraxes ao galego das series "Shin Chan", "A víbora negra" e "Alló alló"

DVDs galegos

6/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Finalmente, poderemos ver en galego e en DVD algunhas das máis míticas series que emitiu a nosa televisión. A TVG cederá gratuitamente as dobraxes ao noso idioma de "A víbora negra" e "Alló alló" á distribuidora que quere as editar neste formato. A presión cidadán que promoveu a Mesa pola Normalización Lingüística e mais as Ciberirmandades da Fala levaron a que a TVG recuase na súa decisión de non ceder estes dobraxes. Ao tempo, a televisión autonómica tamén cedeu a súa dobraxe da serie Shin Chan á canle Cartoon Network, o que permitirá que tamén se emita en galego. Continúan abertas, polo momento, as negociacións para ver se esta decisión chega a tempo para a edición de "A víbora negra", prevista para o vindeiro 5 de abril.

Máis información no web da Mesa en Vieiros

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, DVD, Vieiros, Normalización Lingüística...