O director e o produtor da serie de animación Shin Chan visitarán Galicia dentro dos actos de promoción do novo filme deste personaxe. "Shin Chan, operación rescate", estrearase este verán no noso paÃs unicamente con copias en galego. A Mesa pola Normalización e a distribuidora da pelÃcula, Luk Internacional, chegaron a un acordo polo que a organización galega realizará actividades de promoción dos filmes que a empresa distribúa en galego, como xa realizara coa anterior estrea de Shin Chan e o filme “Doaremon e o imperio maia”, con moi bos resultados económicos.
Máis información no web da Mesa; o video promocional da pelÃcula en AVG