A comisión executiva do Consello da Cultura lembra a independencia deste organismo para elixir o seu presidente

O Consello comunica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Ante as recentes novas aparecidas en diferentes medios encol do relevo na Presidencia do Consello da Cultura, esta entidade quixo lembrar mediante un comunicado que se trata dun organismo autónomo e independente de calquera filiación política. Así mesmo lembrou que a elección do presidente depende unicamente do seu Plenario e que a única representación política no mesmo é a que ten a Consellaría de Cultura, en igualdade con outras institucións. O Plenario asumirá a elección do novo presidente cando finalice o mandato de Alfonso Zulueta o vindeiro mes de abril.

Máis información no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Plenario, Igualdade, Consello da Cultura Galega

Claves

Conceptos