Como todos os edificios, tamén as igrexas precisan de reparacións periódicas. A importancia monumental de moitas delas provoca que calquera actuación deste tipo que se desenvolva nelas precise dun informe da Dirección Xeral de Patrimonio. É o caso de Santa MarÃa da Peregrina, en Santiago, que está pendente dunha resolución deste departamento para poder abordar a súa rehabilitación, segundo informa hoxe "El Correo Gallego". Ao tempo, en Cangas están pendentes tamén dunha autorización para poder arranxar un tellado da igrexa parroquial, segundo informa "Atlántico Diario". Estas demoras están a provocar molestias nos concellos afectados, que esixen máis axilidade neste proceso.
Máis información en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia