Unha ara funeraria dedicada aos deuses Manes en perfecto estado de conservación aparecÃa hai quince dÃas nun predio da rúa Areal, en Vigo. Esta descuberta salienta, segundo o arqueólogo da Delegación Provincial de Cultura, Xulio Carballo, a importancia que esta cidade tiña durante o perÃodo romano. Canda á peza, de metro oitenta de altura, apareceron restos de cerámica, moedas, anacos de dúas tumbas e partes de construcións. Ao tempo, "El Correo Gallego" salienta hoxe que a lauda do soldado romano que un agricultor encontrou en Santa Comba continúa no muro dunha casa particular. AÃnda que o descubridor asegura ter iniciado os trámites para que a laxe pase ao dominio público en decembro, desde a Dirección Xeral de Patrimonio sinalan que non poderán facerse cargo dela ata abril.
Máis información no Galicia Hoxe e no Faro de Vigo; sobre a lauda de Santa Comba en El Correo Gallego; e nos nosos arquivos