Aparece nunca finca de Santa Comba a lápida dun soldado romano do século I

Un romano na leira

Manuel Blanco, un canteiro retirado, foi o responsable do achado. O pasado mes de marzo encontraba nun dos seus campos unha pedra de grandes dimensións cunha inscrición en latín que retirou e gardou na fachada da súa casa. Nunha nova casualidade o arqueólogo Lino Gorgoso pasou por alí e decatouse de que era unha estela funeraria romana. Segundo o texto latino, a laxe pertencía á tumba de Quinto Ivlivs Aquinus, un soldado romano da Legio X Gemina que participou na conquista desta zona durante o século I despois de Cristo. A pedra exporase proximamente no Museo do Pobo galego.

Máis información en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego