A Dirección Xeral de Xuventude publicará unha serie de BD adaptando obras da literatura galega

Das letras aos cadriños

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Dentro das medidas que o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, anunciaba esta semana para potenciar o galego na mocidade, está a posta en marcha dunha serie de BD. A idea é verter para este medio obras da literatura galega. Segundo explican desde este departamento da xunta, o proxecto prevé editar entre dous e tres títulos cada ano en dúas tiraxes diferentes. Unha delas, con tapa dura e maior calidade, porase á venda e distribuirase en bibliotecas, mentres a outra quérese facer chegar de xeito masivo aos centros de ensino e casas da xuventude. Os títulos que se barallan son obras clásicas das nosas letras.

Máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Literatura, Dirección Xeral de Xuventude, Bibliotecas...