Son poucas e moi diferentes entre sÃ. Espalladas por diferentes recantos do paÃs, unha trintena de Casas da Xuventude sobreviven sen moita máis semellanza entre elas do que o nome. Mentres noutros lugares de Europa estes espazos son centros dinámicos de xestión compartida cos usuarios, en Galicia a maior parte deles céntranse en achegar información aos usuarios.
Como director na Casa da Xuventude de Ourense desde hai tres décadas, Benito Losada viu a evolución deste proceso. “As casas da xuventude son un fenómeno que en España en xeral sucede logo das primeiras eleccións municipais. O proceso dáse en toda a penÃnsula, aÃnda que Galicia quedou bastante descolgada do desenvolvemento que tiveron a nivel estatal. AquÃ, como noutros lugares, as instalacións proceden do patrimonio das diferentes organizacións franquistas, e daquela naceron unhas 15. A partir de aÃ, durante o proceso autonómico, fréase moito a súa expansión e apenas se crea outra quincena por parte dos concellos”. AÃnda que a cifra pode parecer abonda, Losada compáraa cos 1.200 espazos deste tipo que habÃa en Dinamarca a finais dos oitenta. “Daquela tiñan 1.200 Casas para 5,5 millóns de habitantes, o que extrapolado aos 2,8 millóns de galegos, suporÃa que en Galicia deberiamos ter 600 Casas, Casa arriba Casa abaixo”.
A evolución
“En xeral hai moi pouca evolución neste campo, e existe unha total heteroxeneidade. Hai casas que inclúen nas súas actividades tamén nenos, e nese sentido, a mocidade non ten tendencia a se xuntar con espazos onde hai rapaces pequenos, teñen intereses moi diferentes. Ademais, en cada sitio pódese atopar un modelo de xestión diferente” lembra o director ourensán. No que se coincide, agás na Casa de Ourense é que non hai procesos de participación dos usuarios na xestión do espazo, polo que as nosas casas non son homologables coas que hai en Europa. Nese sentido a Casa da Xuventude de Ourense supón un referente a nivel estatal. “Ten unha xestión compartida que non existe en todo o Estado”, lembra o seu director. Neste caso, as persoas interesadas en desenvolver actividades neste espazo e contar con algúns dereitos a maiores fanse socios, ben de xeito individual ou ben como parte dos colectivos que participan no traballo da Casa. “Os socios elixen un presidente cada dous anos, e as asociacións participan activamente á hora decidir que actividades se desenvolven e como se xestionan os fondos”, explica.
As actividades
Outro punto en común destes espazos é o feito de pretenderen ser punto de encontro para iniciativas destinadas á mocidade, tal e como o seu propio nome indica. “Non son a panacea de nada. Supoñen un espazo onde algún tipo de xuventude pode atopar unhas posibilidades para se xuntar e facer actividades. Evidentemente tamén ten que haber outros lugares destinados a esta franxa de idade, porque a moitos non se lles ocorrerá acudir ás casas”, explica Losada. Dentro das múltiples actividades que acollen estas instalacións, cada vez é máis habitual que sexan sede das Oficinas Municipais de Información Xuvenil (OMIX), uns espazos que concentran todo tipo de xestións destinadas aos máis novos, desde a expedición do Carné Xove ou do de alberguista a información sobre voluntariado, viaxes, ocio e actividades de todo tipo, e entre as propostas máis recentes, albergan instalación dos centros Quérote, de información sexual. “Unha casa que funcione como debe funcionar debe achegar determinados servizos, entre eles a información. Pero o espÃrito de participación non se pode obviar. Claro que é máis cómodo centrarse en ofrecer estes servizos e non se complicar moito”.
O caso vigués
Outra visión sobre como evoluÃron estas instalacións para mocidade é da Casa da Xuventude de Vigo, que abriu as súas portas, de mans do concello, en 1985. “Na actualidade funciona coma unha concellarÃa, realmente”, explica Pilar Carneiro, xefa do Servizo Municipal de Xuventude. “No momento en que se creou si funcionaba con colectivos xuvenÃs e mesmo se tentou crear un Consello Local da Xuventude, pero non foi adiante. Despois foi evoluÃndo, atendendo ás demandas da xente nova, e foise especializando en ser un espazo para programar eventos cara aos anos 90”. Explica. A aparición doutras instalacións destinadas a este mesmo público, derivou nunha progresiva redución do emprego da casa. “Na actualidade o funcionamento está orientado fundamentalmente á información”, explica Carneiro. “Na casa temos aberta a sala de reunións e contamos tamén cunha sala para expor artistas novos que non atopan outros lugares. Logo na cidade existen outros lugares destinados á mocidade nos que se ofertan diferentes programas”, completa.
A casa nova
Unha das máis recentes incorporacións á lista destas entidades é a Casa da Xuventude de Cangas, de titularidade municipal, que abriu en 2005. Segundo explica Merchi Lorenzo, responsable deste espazo, a casa artellouse arredor da Oficina Municipal de Información Xuvenil. “Ten unha parte de información ao público e logo prográmanse actividades, hai un cÃber, a oficina de voluntariado, unha sala de obradoiros, unha ludoteca e unha sala de usos múltiples onde se poñen as exposicións”, explica. Alén de usuarios individuais, estes espazos son empregados libremente por arredor dunha ducia de colectivos para desenvolver as súas actividades. Semella que, ao igual que no caso vigués, de novo a Casa responde ás demandas sociais no seu sistema de traballo. “A verdade é que as asociacións non a empregan moito, teñen os seus propios espazos e non veñen moito. A nivel de público, as actividades si que funcionan moi ben”, recoñece Lorenzo. Para nos facer unha idea das actividades que alberga, na casa traballan agora a preparación do vindeiro Salón do Cómic, programan rutas de sendeirismo e mais os campamentos de verán, manteñen unha exposición de pintores noveis e mais están coas xornadas interculturais.
Entre as iniciativas máis recentes neste campo, a Dirección Xeral de Xuventude acordou recentemente crear unha instalación destas caracterÃsticas en Allariz. Mantense asà a continuidade deste tipo de instalacións sen que, no entanto, semelle que se vaia realizar unha revisión dos modelos que actualmente coexisten no paÃs. “En xeral non vexo nin moita inquedanza nin orzamentos neste sentido”, lembra Losada. “CumprirÃan concertos cos concellos para que sexan eles quen desenvolva estes proxectos. HaberÃa que xeneralizar a xestión democrática e desenvolver unha federación que puidese facer actividades conxuntas, pero non vexo posibilidades para ir nese camiño”, completa.