A Universidade Popular pecha as súas portas cinco días despois de reabrilas

Este edificio é unha ruina

Parece que a antiga Escola de Artes e Oficios de Vigo está maldita. Ou a lo menos iso é o que pensa algún dos case mil alumnos da Universidade Popular de Vigo que viron cómo onte se suspendían as súas clases trala caída de varias lámpadas do edificio. Isto non pasaría de ser unha anécdota se non fose que isto pasou tan só cinco días despois de que a Universidade Popular regresase a este edificio logo de que hai tres anos se pechase por mal estado do edificio.


Cinco días

As portas da do edificio da rúa García Barbón que daban acceso á Universidade Popular aparecían pechadas esta mañá. E isto débese a que a concellala e a presidenta do padroado, Ana Gandón, decidíu onte suspender a actividade da Universidade Popular. O motivo desta vez foi a caída repentina de varias lámpadas do recén inaugurado edificio. Dúas caídas que se produciron no soto e nos baixos do edificio, polo que non houbo que lamentar ningún dano persoal. Unha decisión que chega tan só cinco días despois de que se reinagurase, de xeito oficial, á volta ó edificio logo de que as clases da Universidade Popular se impartisen durante tres anos noutro edificio.
De momento, á suspensión das clases, ata novo aviso, a responsable do centro, encargou ós técnicos municipais que elaborasen un informe sobre a orixe dos accidentes. Polo de agora a polémica está servida e o voceiro do grupo popular, José Manuel Figueroa, anunciou que onte se solicitará a dimisión da concellala nacionalista, Ana Gandón, como responsable da universidade popular. Os populares aproveitaron para facer memoria e recordaron que xa denunciaran con anterioridade que as obras "non foron recepcionadas nin avaladas por funcionario municipal algún, o que constitúe unha auténtica irresponsabilidade por parte da responsable do departamento". Unhas deficiencias e irregularidades que afectaban, non só ó propio edificio, senón tamén ó inmoble que actuaron no edificio provisional no que estiveron tres anos, en Elduayen.
Pero a Universidade Popular está chea tamén doutra serie de polémicas, esta vez, non só polas deficiencias do edificio que alberga esta universidade, senón pola Constructora encargada das obras. Esta vez por un problema nos trámites. Hai sete anos que a Constructora deu por rematada a obra, non así o concello, polo que o fin de obra está aínda sen pagar. Por eso, a empresa constructora demandou o concello de Vigo, por unha cantidade que ascende a centos de miles de euros. A sinatura está pendente, xa que cando Pérez herdou a obra do tripartito, nomeou a un arquitecto para que asinase a recepción e as certificacións pendentes. Unha sinatura que quen a rubrique asumirá as responsabilidades sobre a seguridade da construcción.











Premios Innova


E xa que falamos de Universidade, imonos á outra para falar doutro tema, menos polémico. E é que onte se entregaron os premios Innova da Universidade de Vigo. Un primeiro premio qeu recaeron nun deseño de prototipo empresarial "de fase clínica de probas dos recubrimentos para implantes elaborados mediante á técnica de ablación por láser". É dicir, un proxecto que pretende mellorar a fixación dos implantes no coropo dos pacientes evitando por todos os medios que produzan reaccións.
Un premio que está dotado con 6.000 euros (un millón de pesetas) e que recaeu no Departamento de Física Aclicda da Universidaded de Vigo.