Os alumnos da Universidade Popular regresan ó edificio logo de tres anos

Operación xaneiro

Obras, fisuras e continuos feches. Ese foi o balance dos últimos catro anos desde que no curso 1996/97 se inaugurase a actividade académica na Universidade Popular de Vigo. Unha actividade interrompida hai tres anos cando o concello olívico decidíu o que o edificio no que se impartían as clases non estaba en condicións xa que presentaba graves problemas na súa estructura. O vindeiro 17 de xaneiro, a Universidade Popular iniciará unha nova etapa. E os que tamén están condenados a iniciar outra era, son os estudiantes universitarios. Logo dos paróns para tentar que non se aprobase a LOU, as facultades van incorporándose paseniñamente ás programacións e calendarios ordinarios. E fano reamoldando os calendarios de exames e recuperando as clases perdidas. Hai que volver empezar.

Popular tres anos despois

O vindeiro día 17 de xaneiro abrirase unha nova etapa dentro na Universidade Popular de Vigo. É o reencontro dos case 2.000 alumnos que cursan estudios neste centro co edificio que hai tres anos pechou o concello polas graves deficiencias que presentaba na súa construcción. Desde que a Universidade Popular se inaugurou no curso 1996/97 e ata que o concello tomou esta decisión, sucedéronse varios anos de continuos tiras e afloxas que remataron en varios informes encargados tanto desde os órganos directivos da propia universidade, como desde o municipio. Uns documentos que revelaron as graves deficiencias que tiña o edificio. Durante os tres anos que estiveron pechados acontemetéronse obras de reforzamento da escaleira, dos forxados dos sotos, así como o sellado de grietas e fisuras.
Logo de que o venres da semana que vén os alumnos regruesen ás aulas, poñerase fin a catro anos de polémica sobre este centro educativo.












Volver coa cabeza baixada


Os pasados meses de novembro e decembro os estudiantes de toda Galicia saíron as rúas con moita asiduidade. O seu cometido era o de impedir que se aprobase a Lei Orgánica de Universidades (LOU), un texto legal que, finalmente foi aprobado o 20 de decembro co apoio de CIU e de Coalición Canaria. E mentres que pouco a pouco se vai recuperando a normalidade nas aulas (que, dito tamén de paso cambia de estratexia pero non de obxectivo), os programas e calendarios vanse adaptando á situación de anormalidade que sufríu a Universidade no presente curso escolar. A última Xunta de Goberno da USC decidíu a modificación dos calendarios de exames e dos programas dalgunhas materias para acaptar o currículo académico á situación anómala que sufriu a Universidade. Pero como non todas as carreiras secundaron a folga coa mesma intensidade (se Económicas, Ciencias da Educación, as Filoloxías, Xornalismo ou Historia a penas tiveron clases nos dous últimos meses de decembro, no caso de Medicina, Matemáticas ou Física non tiveron clase algúns mércores e algunha semana libre) cada departamento terá potestade para modificar os programas das materias e os calendarios de exames. Todo co obxectivo de perxudicar menos posible ós alumnos.
E aínda que Pilar del Castillo conseguíu sacar adiante a súa reforma, os estudiantes reestructúranse á nova situación co msmo obxectivo. E manterán o pulso, cadaquen no seu estilo. Os docentes continuando co rexeitamento ó texto, os alumnos reiniciando as actividades (tralo parón navideño), convocando unha manifestación estatal para o vindeiro sábado 19 en Santiago, e para unha festa o día 16 ás 24:00 horas en Casting.