Mikael Morling é documentalista sueco que rodou en Galicia (en 1972) un documental que recolle a vida cotiá da hoxe desaparecida comunidade de pescadores da Illa de Ons e varias estampas da costa de Bueu. O seu traballo, dun forte carácter antropolóxico e etnográfico, formou parte do arquivo do seu irmán, o antropólogo Staffan Morling e a súa dona, Josefa Otero Patiño. Foron precisamente eles os que acaban de ceder todo ese material ao CGAI, centro dependente da SecretarÃa Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia. Un material que será exhibido por primeira vez ao público o vindeiro 19 de xaneiro nunha homenaxe que lle dedican no Centro Social do Mar a Staffan Morling, profesor dunha universidade sueca e autor de diferentes estudos publicados en galego.