O CDG comeza a súa nova etapa cun espectáculo pensado para os nenos

Comeza a singradura

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O vindeiro 20 de febreiro comeza a nova temporada do Centro Dramático Galego. Será cando se estree “A cabana de Baba-Iagá” unha obra para nenos dirixida por Paula Carballeira. Seguiralles “Illa Reunión” dez días despois, que será a estrea de Ana Vallés no teatro público. Pola súa banda Miguel Insua ofrecerá con “Medos” a súa adaptación da obra de Steven Berkoff. A programación presentada pola directora Ánxeles Cuña no Salón Teatro completarase con “Espectáculo sobre textos de Eurípides” a comezos do 2007, que dirixirá a estadounidense Ellen Lauren. Ademais, anunciaron tamén o “I Encontro Internacional Modelos de creación, produción, difusión e xestión” que terá lugar en outono, así como ciclos de teatro lusófono e iberoamericano.

Máis información en Galicia Hoxe, no Faro de Vigo e La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Espectáculo, Paula Carballeira, Ana Vallés...