Ánxeles Cuña presenta as liñas da súa nova andaina no Salón Teatro

O CDG cambia de rumbo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Hai tres meses a Consellaría de Cultura presentou a Ánxeles Cuña como nova directora do Centro Dramático Galego. A que foi directora da compañía ourensá Sarabela asumiu o cargo anunciando que precisaba tempo para traballar no deseño do proxecto artístico. O tempo concluíu e Cuña comparecerá mañá para dar a coñecer a programación para os vindeiros meses e presentar o seu modelo de teatro público. Nesta materia, “Galicia Hoxe” publica na súa edición do venres unha entrevista a Eduardo Alonso na que o coñecido dramaturgo expresa o seu desencanto pola situación actual do teatro galego seis meses despois do cambio de goberno.

Máis información en El Correo Gallego, a entrevista a Eduardo Alonso en Galicia Hoxe e sobre Ánxeles Cuña na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Eduardo Alonso, Galicia Hoxe, Salón Teatro...