A Consellaría de Cultura propón unha reforma para evitar renuncias como a de Ánxeles Cuña

Cargos e ida e volta

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A renuncia de Ánxeles Cuña como directora do Centro Dramático Galego segue dando que falar. Dunha banda, a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena enviou un comunicado no que esixe unha solución urxente e insta á administración a unha reforma para conseguir unha maior axilidade e imaxinación no seu traballo. Da outra, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, anunciou que a situación vivida era “inevitable” a avanzou que proporá un cambio legal para garantir o retorno dos altos cargos da administración aos seus postos de traballo orixinarios. O consello reitor do IGAEM decidirá o substituto o día 17.

Máis información sobre a renuncia nesta noticia, sobre o cambio en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, Galicia Hoxe, IGAEM, Culturagalega...