Gálix ofrécese para colaborar con Educación asesorando a docentes sobre literatura infantil e xuvenil

Xuntos pola infancia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Membros da Asociación Galega de Literatura Infantil e Xuvenil (Gálix) poderían asesorar aos docentes nesta materia e participar nos proxectos que leve a cabo a Consellaría de Educación sobre literatura infantil e xuvenil. Nunha reunión celebrada entre a Conselleira, Laura Sánchez Piñón, e Gloria Sánchez e Paula Carballeira, representantes de Gálix, pediuse o apoio para a creación da páxina web da asociación e apoio a outros proxectos que están desenvolvendo que van desde grupos de traballo ata asesoramento por temas e idades e para cuestións máis específicas, todo iso non só en soporte libro, senón tamén facendo uso das novas tecnoloxías. A conselleira comprometeuse a estudar a posibilidade de relacionar estes proxectos cos que está a traballar a Administración educativa neste ámbito.

Máis información na Xunta de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, GÁLIX, Educación, Paula Carballeira...