O futuro museo provincial de A Coruña será un centro estable de exhibición

Ideas artísticas

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

O museo provincial da Coruña entra xa na última fase do proxecto. Co concurso de ideas definirase o deseño do edificio, que pretenderá albergar máis de 300 obras da Deputación Provincial que ata o momento estaban espalladas en diferentes edificios públicos da provincia.

Museo provincial

Os cadros, debuxos, obras e esculturas dos artistas que forman parte do fondo provincial de A Coruña, contarán dentro de pouco cun centro estable. Un centro que se construirá na parcela do colexio de Calvo Sotelo. De momento, o proxecto entra na súa última fase coa celebración dun concurso de ideas. Esta iniciativa, que está presupostada en 600 millóns de pesetas exhibirá obras de Román Navarro, Francisco Lloréns ou Modesto Brocos.




Novidades

Ademais, este centro estable servirá para unha exhibición catalogada e restaurada dos fondos artísticos. Un proceso de restauración que se encargou a unha empresa especializada neste traballo. Ademais, xunto a catalogación de fondos xa existentes, os fondos artísticos completaranse con obras de autores contemporáneos como Jesús Núñez, García Patiño, Tenreiro ou Peteiro.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Deputación Provincial

Claves

Lugares