Un proxecto de deseño de hardware faise co premio de Ideas Empresariais da USC

Ideas luminosas

O proxecto "Deseño de unidades hardwar de procesamento numérico para SOC (sistemas nun chip)", realizado polo doutorando Álvaro Vázquez, fíxose co premio de Ideas Empresariais con Base Tecnolóxica convocado pola USC. Onda el, un segundo premio e dez accésits, así como máis de cen proxectos sen premiar, amosan que ideas non faltan entre os universitarios galegos.

Deseño galego, fabricación foránea



O proxecto gañador, realizado polo dourando de física Álvaro Vázquez e titelado por Elisardo Antelo, consiste no deseño de arquitecturas de procesamento dixital, é dicir, circuitos axeitados para o traballo con chips. Este proxecto, que leva catro anos en desenvolvemento, só abrangue o deseño destas arquitecturas, súa realización práctica debe ser realizada en empresas foráneas, xa que nin en Galicia nin en España se pode fabricar este tipo de chips.
A pesar do premio de 850.000 pesetas e da axuda que ofrece a Universidade para que o gañador do certame monte a súa propia empresa, Álvaro considera que cómpre un orzamento maior para poder levar á práctica empresarial a súa idea. Así, estima en cinco millóns de pesetas e na contratación de catro enxeñeiros as necesidades.
Segundo o gañador, o seu proxecto é o único que existe en Galicia orientado a empresas, aínda que recoñece que a Universidade de Vigo desenvolve deseños deste tipo a nivel académico.
O proxecto gañador podería desenvolver hardware de interese para empresas e organizacións con deparatamentos de investigación e desenvolvemento, que desenvolvan sistemas de hardware ou que en xeral precisen de procesamento numérico na súa actividade.












O marisco cura


O segundo premio do certame correspondeu a Juan Padín Nogueira polo seu proxecto de "Producción de hemocianina", titelado por María Isabel Loza no Departamento de Farmacoloxía da USC.
Este proxecto pretende desenvolver industrialmente a producción desta lipoproteína, a máis grande que existe, que é empregada medicamente para favorecer a creación de anticorpoes e investígase a súa utilidade para combatir distintos tipos de cancro ou nas vacinas contra a SIDA.
A hemociania está presente no sangue de diferentes moluscos e ten a peculiaridade de que, acoplándolle outras moléculas e introducíndoa en mamíferos, provoca a producción de anticorpos contra esoutras moléculas.
Con este segundo premio, Juan Padín conta con seiscentas mil pesetas para intentar desenvolver a súa idea empresarial.






Máis ideas premiadas

A pesar que unha cuarta parte dos cento trinta proxectos presentados estaban relacionados coas humanidades, foron áreas coma física, química, bioloxía ou enxeñería química as que se fixeron coa maior parte dos premios e accésits.
Así, entre os dez accésits outorgados atopamos varios sobre o aproveitamento de residuos alimentarios para a producción de fosfolípidos de valor nutrinte ou para a súa valorización. Tamén se premiou un proxecto sobre o cultivo in vitro de variedades autóctonas de vide, e varios sobre aproveitamento e depuración de residuos industriais.
A única idea realcionada con carreiras de humanidades premiada foi a de Santaigo López sobre a creación dunha empresas de xoguetes educativos de madeira especialmente deseñados desde os seus coñecementos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación.