Por medio dun comunicado o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) ven de emitir a súa opinión sobre a anulación por parte da Deputación Provincial de Pontevedra do proceso de reforma do convento de Santa Clara, na cidade do Lérez, por discrepancias co proxecto gañador do concurso internacional de ideas convocado e fallado na anterior etapa polÃtica do ente provincial. A entidade que representa ao sector da arquitectura galega discrepa da decisión dos actuais dirixentes da Deputación Provincial e defende os concursos de ideas como a "forma máis acaÃda" das intervencións arquitectónicas, onde un "xurado experto" escolle aquela proposta que considere máis axeitada. O COAG demanda "respecto" para o traballo dos estudios de arquitectura e, por ende, para estes concursos.
Ante as declaracións do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafael DomÃnguez que rexeitou as premisas da convocatoria do concurso e afirmou respecto ao proxecto gañador que "Santa Clara non pode ser un almacén de restos arqueolóxicos e non podemos permitir a destrución dos xardÃns centenarios, tal e como recollÃa o anterior proxecto", o COAG manifesta que o traballo dos estudios de arquitectura, "como o de calquera profesional, pode gustar máis ou menos, pero ningún estudio presentarÃa nunca unha proposta que non respecte o entorno arqueolóxico, histórico ou patrimonial sobre o que actúa" Desde o Colexio laméntanse "as desafortunadas declaracións do vicepresidente do ente provincial, porque poñen en cuestión o bo facer e o bo nome dos estudios que participaron no concurso, asà como dos membros dun xurado diverso, competente e que só buscou o mellor para o monumento e o conxunto da cidade".
No caso do concurso e proxecto gañador en Santa Clara, os arquitectos lembran que "un xurado amplo e diverso na formación e experiencia dos seus membros tivo a fortuna de contar con magnÃficas propostas, produto dun profundo estudo do lugar e o programa, que reflicten gran capacidade, talento e estudo desde unha enorme diversidade de ángulos de todos os condicionantes, máis alá mesmo do contemplado nas bases de inicio. Son propostas moi distintas que presentaron as moi diferentes opcións de intervención nun complexo desta magnitude, recollendo o desafÃo de transformar este recinto de vocación introspectiva nun lugar público. Porque falamos dun magnÃfico equipamento urbano que xunte recuperación do patrimonio, investigación e mostra pública. As propostas fixeron, igualmente, unha lectura crÃtica das condicións do concurso, presentando matices e opcións. E puideron ser valoradas no propio convento, xa que o xurado tivo o privilexio de vivir tres dÃas no recinto, visualizando continuamente as propostas en detalle. Isto permitiu unha valoración cunha profundidade e reflexión pouco comúns", advirte o Colexio profesional, que considera necesario destacar a diversidade de axentes, o momento e as competencias de cada un en canto ao uso do patrimonio público.