Trinta artistas abordan o traballo de Ferrín nunha mostra mentres o escritor volta ser candidadto ao Nobel

A propósito de Ferrín

22/12/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
36 lecturas | Compartido 0 veces
Alexandro Florencio, Carlos Vello, Xaime Quessada, Aciscl Manzano, Xurxo Oro... son algúns dos trinta e un artistas que recrean nos seus cadros e esculturas a obra literaria de Xosé Luís Méndez Ferrín. Un traballo que forma partre da mostra “X.L.Méndez Ferrín. 31 artistas” que inicia o seu periplo no Centro Cultural da Deputación de Ourense desde onde irá por toda Galicia durante un ano. Sobre este autor ourensán tamén se pronunciou o presidente do Pen Clube Galicia, Luís González Tosar, que propuxo ao escritor como candidato ao Premio Nobel de Literatura.

Máis información en Galicia Hoxe, no Faro de Vigo


Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados