Culturagalega.org faise co premio a Mellor medio de Comunicación que concede Eganet

Outro máis

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Culturagalega.org, o portal de internet do Consello da Cultura Galega, fíxose co premio Eganet a mellor medio de comunicación. A Asociación de Empresas Galegas dedicadas a Internet concedeu esta fin de semana os premios cos que galardoa o traballo de creación de empresarios e profesionais que teñen en internet e nas novas tecnoloxías a súa razón de ser. Entre os gañadores están Vieiros (premio especial por promover as tecnoloxías da información en Galicia), o Concello da Coruña (mellor presenza institucional na rede) e, entre outros, Softgal e Interacción (mellor produción multimedia).

Máis información no web dos premios e todos os premiados en Vieiros

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Vieiros, Culturagalega, Consello da Cultura Galega...