Desde hoxe até o vindeiro mércores o Pazo de Congresos de Santiago acollerá unha nova edición do congreso GaliciaTIC. A nova lei da sinatura electrónica, as estratexias empresariais e os novos modelos de xestión e as novas tecnoloxÃas son os temas que se abordarán ao longo dos sesenta relatorios previstos. Polo demais, dentro do programa de GaliciaTIC faranse entrega da segunda edición dos premios EGANET, uns galardóns que pretenden estimular o labor de creación dos profesionais que deseñan, programan e desenvolven produtos e servizos que teñen en internet e as novas tecnoloxÃas da información a súa razón de ser. Entre os máis de setenta finalistas repartidos en doce categorÃas figura, Culturagalega.org que opta xunto co Marco de Vigo e o Museo Pedagóxico de Galicia ao premio á "Mellor presenza institucional en Internet".
Máis información sobre as xornadas, os premios Eganet e sobre os candidatos o web do MUPEGA e do MARCO