O director do CESGA e a Universidade de Santiago fanse cos premios das Empresas Galegas Adicadas a Internet

Os premios da rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:
Javier García Tobío, director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia, recibiu onte o premio de honra que entregaba a asociación Empresas Galegas Adicadas a Internet. Onda el, foi premiada a Universidade de Santiago pola presenza institucional máis destacada e "La Voz de Galicia" como mellor medio de comunicación dixital. Pola súa banda Galicia Banner levou o galardón á mellor acción publicitaria na rede e Abertal Networks o da mellor presenza en Internet. No marco do foro Galicia TIC tamén se entregaron os premios deste encontro que foron para Imaxin Software polos seus produtos de xestión da información e enxeñaría lingüística, e para a Aula de Produtos Lácteos de Lugo polo seu traballo de simulación dunha explotación agropecuaria.

Máis información en La Voz de Galicia e en Vieiros e no web de Galicia TIC

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TIC, Internet, Vieiros, La Voz de Galicia...