Os premios Xarmenta, Concepción Arenal, Eganet e Rubia Barcia centran a actualidade cultural

Recoñecementos de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Acaba o ano con recoñecementos para os máis variados campos. Luís Tosar e o Consello Comarcal do Bierzo levaron os premios Xarmenta polo seu labor de promoción do galego nesta zona. Ao tempo, a ferrolá Euxenia Rey fíxose co premio Concepción Arenal pola súa investigación sobre a representación das mulleres nos partidos políticos. O Rubia Barcia de Novela foi para Xosé Manuel Martínez Oca, e Vieiros fíxose co premio especial EGANET polo seu traballo de promoción das tecnoloxías no país. O web do Consello da Cultura está nominado nestes mesmos premios nas categorías de mellor web de Medios de Comunicación e na mellor presenza institucional en Internet.

Máis información en Galicia Hoxe, en Diario de Ferrol, en La Opinión e no web de EGANET

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Concepción Arenal, Luís Tosar, Manuel Martínez...