Dorotea Bárcena, premio de honra dos María Casares que se entregan o martes na Coruña

Un día con moito teatro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Nos anos cincuenta e sesenta, a actriz galega María Casares dominaba a escena francesa converténdose nunha icona do teatro do país galo. Esta é a época na que se ambientará a gala dos premios que organiza o martes 28 (na TVG en falso directo ás 23:00 horas) a Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena para premiar as producións teatrais de cada ano. O galardón de honra “Marisa Soto” recae nesta edición en Dorotea Bárcena, a primeira directora de escena do teatro galego. A gala terá lugar o 28, un día despois de que se celebre o Día Mundial do Teatro, unha efeméride que o concello de Mugardos festexará cun completo programa de actos. Unha mesa redonda, varias representacións e a lectura do manifesto oficial difundido polo Instituto Internacional do Teatro encherán a localidade ferrolá esta fin de semana.

Máis información sobre os premios María Casres en La Voz de Galicia, en Galicia Hoxe, La Opinión e no noso tema e sobre os actos de Mugardos no Diario de Ferrol

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, María Casares, Mugardos, A Coruña...