O Museo do Pobo acolle polo centenario de Antón Fraguas unha mostra de proxectos de recuperación etnográfica

Século Fraguas

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Cunha exposición dos traballos que foron escollidos na segunda edición do “Proxecto didáctico Antón Fraguas” celebra o Museo do Pobo o centenario de quen fora durante anos o seu director. Desta volta un traballo etnográfico sobre o hórreos do concello de Ribeira de Piquín e mais sobre os muíños de auga de Foz foron os escollidos. Nos dous casos trátase de traballos desenvolvidos por alumnos de instituto, que se poden visitar no centro desde onte. Os organizadores adiantan xa que para a terceira edición deste proxecto seleccionouse un estudo sobre a toponimia no Val Miñor e outro que analiza a pesqueiras do Miño.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Museo do Pobo

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antón Fraguas, Miño, Concello de Ribeira, Galicia Hoxe...