O MARCO volve acoller unha nova edición do Festival de cine dixital Resfest

Resfest

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Do 1 ao 4 de decembro o MARCO de Vigo acollerá proxeccións da etapa española do Festival Resfest. Este evento dedicado ao cine dixital comezou en Nova York no mes de setembro, desde onde se traslada a diferentes partes do mundo exhibindo o mais novidoso deste campo. Esta edición está dedicada ao carácter multidisciplinar do músico americano Beck e ao colectivo escandinavo Traktor. Entre as novidades que se poderán ver no centro vigués, está “Ginga” o último traballo de Fernando Meirelles, o coñecido director brasileiro autor da popular “Cidade de Deus”.

Máis información no web do Festival e no web do MARCO

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Deus, Nova York, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)