Comeza unha nova edición do festival Art Futura que se poderá ver no MARCO

O futuro no MARCO

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Non é só un festival, é o escenario no que se poden ver os proxectos, as ideas máis importantes xurdidas no panorama internacional dos novos medios, o deseño de interacción, os videoxogos e a animación dixital. Falamos de Art Futura, que malia a que as principais demostracións teñen lugar en Barcelona, chega tamén a outras cidades do Estado. Entre elas, Vigo, concretamente no MARCO, onde onte comezaron as proxeccións dos traballos seleccionados e que se poderán ver ata o 18 de novembro en xornadas de xoves, venres e sábados.

Máis información no web de Art Futura, no do MARCO e na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Máquinas e almas

Máquinas e almas

O MARCO de Vigo acolle oito horas de imaxes da cultura dixital, videoxogos e efectos especiais

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Animación, Culturagalega, Barcelona, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)