Art futura é o nome do festival que recolle as novidades da creación dixital, desde a animación en 3D ata os efectos especiais. O evento celébrase todos os anos e o programa audiovisual, unha parte de todas as actividades que organizan, lévase a nove cidades do Estado. Entre elas está Vigo, que acolle no MARCO desde hoxe e ata o 18 de novembro proxeccións que amosan: o mellor da animación 3D a nivel internacional (ArtFutura Show) e estatal (3D en España), o creado no mundo do lecer dixital (Full Motion Theater), as creacións de Theo Jansen, un avance do Resfest (sobre novos xéneros audiovisuais), un documental sobre como se fixo “A noiva cadáver” de Tim Burton asà como unha retrospectiva do máis experimental.
Máis información no web do festival