O Marco acolle proxeccións dentro do festival de arte e tecnoloxía ArtFutura

Caleidoscopio dixital

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Desde hoxe e ata o vindeiro domingo o Marco é un dos seis puntos obrigados para poder ver as mostras máis destacadas no campo da creación por ordenador. Falamos de Artfutura, o festival de arte e tecnoloxía que por primeira vez se presenta simultaneamente en seis museos e centros culturais de España. O museo vigués ofrecerá, en proxeccións que comezan esta noite ás 21.00 máis de dez horas de curtas, pezas de animación narrativa e experimental, vídeo clips e “motion graphics”.

Máis información no web do Marco e no de Artfutura

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tecnoloxía, Museos, Animación, Narrativa...