Belas Artes inaugura o III Salón de outono entregando os premios

Arte de outono

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

A academia de Belas Artes de A Coruña vén de outorgar os seus premios de honra que pretende dar a coñecer a diversidade estética e as novas tendencias na pintura. Este ano os galardóns recaeron en Jesús Otero Iglesias, Rosa Amara, Victoriano Fernández e Darío Basso por la súa novidade plástica.

Salón de Outono


Van xa tres edicións dende que en 1997 se crease na cidade herculina co cometido de amosar a diverxencia e as novas tendencias no mundo da creación plástica. Durante este tempo o certame configurouse como de referencia para todo o conxunto do estado español, aínda que nese tempo non conseguíu un espacio fixo para albergar toda a súa actividade. De momento, as obras premiadas para este ano poderán verse na academia de Belas Artes ata o vindeiro 23 de decembro.




Premios

"Museum 139, Tendedero XXII" é o título da obra de Jesús Otero Iglesias coa que gañou o gran premio de honra dotado con dous millóns de pesetas. Nesa obra reproduce xeométricamente unha paisaxe figurativa. Otero completa deste xeito un curriculum no que destacan exposición na maior parte de mueseos e coleccións de arte contemporáneo galegos, así como numerosos accesits nos que destaca a mención de honra na Bienal Internacional de Pisa.

A técnica mixta empregada por Rosa Amaral outorgoulle o seu primeiro premio, mentres que Victoriano Fernández e a súa Irradiación concéntrica acadaron o segundo lugar. O terceiro posto foi para o traballo de Darío Basso que ofreceu unha mostra máis apoiada nas artes visuais, influido pola súa estadía no Visual Arts de Nova York cando gozaba dunha bolsa Fullbright.

Que che parece esta nova?
10 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Academia de Belas Artes, A Coruña, Paisaxe...