Comezan as actividades sobre "O modelo europeo de cidade"

Cidades na pasarela

Compostela acolle desde mañá os actos que acompañan o certame internacional de arquitectura "O modelo europeo de cidade", ó que concorreron destacados deseñadores de varios países latinoamericanos e da Unión Europea. Ademais do fallo do certame, celebraranse ata o día 27 unhas xornadas de debate sobre o mesmo tema, e unha exposición dos traballos presentados.

Actividades



As actividades comezarán coa presentación dos traballos finalistas do concurso internacional.h Ata o día 26 realizaranse no Auditorio de Galicias as diferentes presentacións públicas do proxectos ó xuri por parte dos autores. Entre o luns e o martes destacados expertos en urbanismo e arquitectura debatirán sobre o modelo europeo de cidade, e o martes será cando se coñeza o proxecto gañador do concurso. Ademais, desde o día 27 ata fin de ano o Auditorio acollerá a exposición "Compostela 1990-2000. Urbanismo, Arquitectura Pública e Rehabilitación do Patrimonio". Pola súa banda, e dentro destes actos, na Escola de Arquitectura de A Coruña celebrarase unha xornada sobre "A cidade latinoamericana hoxe: A construcción das periferias interiores".













Concurso



O concurso internacional "O modelo europeo de cidade: Historia, vixencia e proxección de futuro/contrastes en iberoamérica" foi organizado polo Consorcio e o Concello de Compostela dentro dos actos da Capitalidade Cultural do 2000. A intención do concurso era provocar o a reflexión de arquitectos e urbanistas sobre a vixencia do modelo europeo de cidade.













Participación internacional



No certame propuxéronse áreas de actuacións concretas en cidades de Europa e Latinoamérica, como Santiago, México D.F, Santiago de Cuba, Santo Domingo ou Rio de Janeiro, entre outras. Un equipo de cada unha destas áreas analizou os proxectos presentados por arquitectos de toda Iberoamérica e da Unión Europea, seleccionando tres proxectos. Entre os 21 finalistas un xurado internacional escollerá, a vindeira semana, o gañador.