Os proxectos de Montevideo e Bos aires gañan o "Modelo de cidade"

Modelos de cidades

29/11/2000 | Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
10 lecturas | Compartido 0 veces

Os proxectos presentados por Glinka Criski e Conrado Pintos de Montevideo, e Javier Fernández de Bos Aires foron os galardoados dentro do concurso de Modelo de Cidade. É un certame que buscaba solucións arquitectónicas acordes coas novas necesidades urbanas.

Premios


Tres premios, cinco recoñecementos e catro propostas a destacar conforman o elenco de premios para este Concurso Internacional de Arquitectura, que pretendía achegar unha fórmula ideal que saiba conxugar a arquitectura ás novas necesidades que teñen as cidades. Os tres premios principais están dotados con 24.500 euros (pouco máis de catro millóns de pesetas) e os cinco recoñecementos galardoados con 4.500 euros (preto dunhas oitocentas mil pesetas). O xurado estivo composto por un tronco mínimo común a tódolos países participantes de dous membros, ademáis dun mínimo de tres representantes locais e un máximo de sete. O concurso enmarcouse dentro dos actos do Compostela 2000.




Áreas de traballo

O congreso tiña como obxectivo desenvolver un espacio teórico común entre iberoamericanos e europeos. Un cometido no que desenvolveron varias áreas de traballo sitas en Santiago de Compostela (España), México D. F., Santiago de Querétaro e Lagos de Moreno, estado de Jalisco (México), Santiago de Cuba (Cuba), Santo Domingo (República Dominicana, Río de Janeiro (Brasil), Montevideo (Uruguai) e Bos Aires(Arxentina). Cada un dos que ofreceu unha proposta atendendo á súa propia identidade cultural.

Universo culturagalega.gal

07/12/2011

A primeira división

A maioría dos grandes centros culturais cobran pola entrada ás súas actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bos Aires, Arquitectura, República, Identidade...