Pontevedra inaugura o Roteiro Xoán Manuel Pintos

O proxecto enmárcase nas celebracións do Ano Pintos na Cidade do Lérez

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un percorrido polas pegadas de Xoán Manuel Pintos, un dos precursores do Rexurdimento, pola cidade de Pontevedra. Este é o proxecto que presentaba onte o Concello de Pontevedra como parte da programación do Ano Pintos, que celebra este 2011. A guía do roteiro, dispoñible en papel e a través da rede, permite a todos os interesados realizar de xeito individual o percorrido polos lugares do Casco Histórico da Cidade vencellados a esta figura. O programa do Ano Pintos continuará coa celebración dun congreso dedicado ao precursor entre o seis e o nove de abril.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lérez, Guía, Rexurdimento, Concello de Pontevedra

Claves

Conceptos