Arrinca en Pontevedra o Congreso Xoán Manuel Pintos

O encontro desenvólvese ata o vindeiro sábado

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Xoán Manuel Pintos. Actualidade e compromiso é o título do congreso que arrincaba onte en Pontevedra que fai parte das conmemoracións do Ano Pintos. O encontro, que rematará o vindeiro sábado, pretende recuperar o traballo deste precursor do Rexurdimento encol da lingua do noso país. O contexto histórico histórico e ideolóxico deste autor, as súas achegas lingüísticas e o seu labor literario analízanse estes días da man de especialistas como Pilar García Negro, Carme Hermida, Francisco Rodríguez, António Gil, ou Xusto Beramendi entre outros.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Rexurdimento

Claves

Conceptos
Lugares