Pontevedra analiza nun congreso os retos políticos e sociais latinoamericanos

Máis preto da historia

É a terceira vez que se celebra o "III Congreso Internacional de Historiadores". Un evento que reúne a uns 350 especialistas nas políticas, relixións, culturas e economía dos países latinoamericanos. E a novidade é que se celebra por primeira vez en Europa, concretamente, en Pontevedra e en Compostela. As dúas cidades galegas convertiranse no referente de toda a política latinoamericana desde hoxe e ata o vindeiro xoves.

Deglose do programa


Compostela e Pontevedra veñen a tomar o relevo deixado por México e La Habana na organización do Congreso Internacional de Historiadores. Un evento que pretende analizar e poñer de manifesto os grandes retos e sociais que se lle presentan a todos os países latinos.
E todo o isto o farán nun completo programa que se desenvolverá no Pazo da Cultura de Pontevedra desde hoxe e ata o vindeiro venres. Todas as ponencias do congreso celebraranse en Pontevedra, agás o xoves no que a delegación desplazarase a Compostela onde seguirán coas sesións na biblioteca do Consello da Cultura Galega e na Universidade de Santiago de Compostela.
O programa desglósase en vaias áreas adicadas a numerosos temas: política, estado, o debate teórico e historiográfico de América Latina e do Caribe; os estudios rexionais; sociedade, cultura e relixión; a muller na historia do continente; e a presencia do mesmo das culturas fricanas e a historia da ciencia.
O congreso conta co patrocinio da Xunta de Galicia, do Consello da Cultura Galega, de Caixanova, do Parlamento Europeo e do Pazo da Cultura Pontevedrés.











Sección adicada a Galicia


Entre todos os temas a debate propostos dentro do programa, destaca toda unha sección adicada a Galicia e as súas implicacións e relacións con América Latina. Por ese motivo, nesta sesión (que se celebrará o xoves) analizaranse dous fenómenos sociais ben coñecidos como o da emigración e o exilio durante o franquismo. Unha sección na que colabora o Consello da Cultura Galega que ofrecerá un resumo das liñas de investigación desenvolvidas dentro da organización.







E o programa cultural

O programa de conferencias complétase cunha serie de actos culturais. Desde hoxe e ata o mércores o Teatro Principal pontevedrés exhibirá tres filmes: "Os esquecidos" (1950, México, Luis Buñuel); "Os sete tolos" (1972, Arxentina, Leopoldo Torres Nilson) e "A muller do porto" (Arturo Ripstein).
Xunto ás proxeccións de cinema haberá unha serie de mesas redondas no Café Moderno, nas que se analizará a situación de Cuba, Colombia e México.
Polo demais, complétase o programa con varios recitais: un coro do Colegium Compostellanum e o grupo folclórico "Celme de Pontevedra".