O Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela será o escenario que acollerá a que quizais sexa a maior mostra de pezas de arte privadas que se ten levado a cabo en Galicia. Obras de Picasso, Rivera ou mesmo Velázquez estarán desde mañá e ata mediados de decembro no histórico edificio.
As estrelas da arte
Os visitantes desta mostra poderán adquirir calquera das pezas expostas, sempre que os cartos abonden. Organizada polas galerÃas La Campana e Saga, a exposición comprende pezas tan destacadas coma un retrato de Felipe IV feito por Velázquez, "A fuxida de Eneas de Troia" de Rúbens ou un bronce de Rodin.
Famosos
Ademais destas estrelas, pezas de outros artistas de importancia como Picasso, Dalà ou Rivera compartirán espacio coas de famosos como Lorenzo Quinn ou Llongueras. Tódalas obras proceden de diferentes coleccións privadas ou dos propios artistas. O valor total supera, segundo Cándido Pazos, organizador da exposición, supera os varios milleiros de pesetas.
Conferencias
Ademais de poder admirar e mercar, a exposición comprende conferencias como la que Carmen Garrido, restauradora do Mueso do Prado que tamén verificou a autenticidade do retrato de Felipe IV, impartirá sobre Velázquez.