A Plataforma Galega da Arte Contemporánea aproba hoxe o seu documento fundacional

Documentos dun tempo

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Desde hai unhas semanas un grupo de profesionais manteñen varias xuntanzas co obxecto de crear unha sociedade que vele pola situación da arte contemporánea no noso país. Hoxe ten lugar a cuarta desas reunións, e non será unha máis, porque na orde do día figura a discusión e aprobación do documento fundacional da Plataforma Galega da Arte Contemporánea. Os seus obxectivos son, segundo unha nota de prensa, "acordar as liñas de comunicación, de organización e de principios de actuación que optimicen o mundo da arte contemporánea en Galicia”. A xuntanza, que terá lugar ás 18:00 na Galería Sargadelos, está aberta a todos os interesados.

Máis información sobre a situación da arte contemporánea no noso país no noso tema do día

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galería, Galería Sargadelos, Culturagalega