O noso idioma terá exames internacionais de nivel mentres consolida a súa presenza en universidades do EEUU

Galego Internacional

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística, presenta hoxe en Cardiff, Reino Unido, a solicitude para que a Xunta se integre na Asociación Europea de Institucións Avaliadoras de Linguas (ALTE). Isto suporá a equiparación do galego con linguas coma inglés ou o francés en canto a probas oficiais de nivel con recoñecemento internacional. Por outra banda, o noso idioma está a incrementar a súa presenza nos ámbitos universitarios de Estados Unidos. Deste xeito, a universidade de Milwaukee prepara a posta en marcha dunha materia dedicada á Cultura Galega. Ao tempo o filólogo Gabriel Rei-Doval presentará, nun congreso que organiza esta institución, un panel no que se inclúen tres intervencións sobre a nosa literatura e o exilio.

Máis información sobre os exames Galicia Hoxe e no web da Xunta; sobre o galego en EEUU en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con EEUU, Política Lingüística, Literatura, La Voz de Galicia...