A Unión Europea recoñece hoxe por fin o galego coma idioma de traballo nas súas institucións. A nosa lingua poderá empregarse a partir de hoxe en intervencións orais ante o Parlamento, o Consello e outros órganos comunitarios. Ademais, os cidadáns poderán empregala nas súas relacións coa Unión e haberá traducións dos actos lexislativos de ámbito europeo. Esta fin de semana asinábase tamén o acordo entre a Xunta e o Instituto Cervantes polo que a rede de centros desta institución divulgará a nosa cultura e a nosa lingua. Entre as primeiras medidas neste campo, unha escolma de fondos do Centro Galego de Arte Contemporánea visitará as diferentes sedes europeas do Cervantes. Ademais crearase unha biblioteca básica galega nestes centros.
Máis información en Galicia Hoxe sobre a UE; e no web da Xuntasobre o Cervantes