Xaime Asensi presenta unha mostra do seu “Ubú Rei” e outros traballos de ilustración en Bertamiráns

Ubú en Bertamiráns

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Os orixinais da obra de Xaime Asensi “Ubú Rei”, canda a outros traballos deste autor no campo da ilustración poderán verse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, entre os días 14 e o 26 deste mes. Canda a mostra, que se inaugura ás oito da tarde do día catorce, os dias 19 e 26 o autor impartirá senllos obradoiros de banda deseñada destinados a un público de entre seis e catorce anos.

Máis información no web do Concello de Ames

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Concello de Ames

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares