A Fundación Feima achega a Madrid unha mostra histórica sobre a banda deseñada galega

A historia que se fai en Madrid

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cincuenta obras de autores galegos de cómic, desde os pioneiros dos anos setenta ata os novos valores actuais poderán verse desde o vindeiro catorce de decembro na sede da Fundación Feima, en Madrid. A mostra "A historieta galega", está comisariada pola historiadora da arte Gemma Sesar e polo veterán autor e editor Fausto Isorna, e supón a primeira aposta que a fundación, dedicada a difundir a arte galega, realiza sobre a banda deseñada. Na exposición poderán coñecerse, a través de reproducións e de obras orixinais, nomes destacados da historia galega da BD canda a publicacións que marcaron época.

Máis información no web da Fundación

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Banda deseñada, Fausto Isorna, Cómic

Claves

Protagonistas
Lugares