O Auditorio de Galicia acolle, a partir do vindeiro seis de marzo, a mostra “Historieta galega 1973-2008”. Esta obra percorre, a través duns catrocentos orixinais a evolución da novena arte no noso paÃs tomando coma punto de partida a histórica mostra que organizou, hai 35 anos, a Asociación Cultural O Galo tamén en Compostela. Canda ao traballo dos autores, o público poderá ver unha selección de publicacións e participar en obradoiros e visitas guiadas. De xeito paralelo organÃzase programa de clases maxistrais que quere formar autores galegos coa colaboración de autores coma Miguelanxo Prado, Carlos Portela e Carlos Giménez, ou o impresor Antonio Vázquez. Os interesados teñen ata o sete de maio para enviar os seus proxectos, e deberán pagar cen euros para participar. O proxecto xorde da colaboración entre a ConcellarÃa de Cultura, a ConsellarÃa de Cultura e o Auditorio de Galicia, coa participación da Dirección Xeral de Xuventude e da Fundación Feima, e foi comisariada por Fausto Isorna e Gemma Sesar.